6 de set. de 2011

Contrarreforma da Constitución

Nunha sesión parlamentaria sinxelamente vergoñenta o PSOE e o PP aprobaron unha reforma constitucional que nengún dos dous partidos levaba no seu programa electoral. Non houbo referendo. Entre a proposta e a aprobación transcorreron días e o trámite parlamentario abreviouse ao máximo.

Evitouse o debate público e os cidadáns ficamos coma simples espectadores mentres a suposta "lei fundamental" modifícase en 15 días a proposta dun partido (PSOE) que dí que non hai tempo para cambiar a lexislación fiscal.

Non se pode dicir que sexa unha norma de aplicación urxente. Na disposición adicional única indícase: "Los límites de déficit estructural establecidos en el 135.2 de la Constitución Española entrarán en vigor a partir de 2020".

Consecuencias

Esta reforma non é inocua: a partires da súa entrada en vigor limitará a capacidade de actuación de futuros gobernos. Así, unha previsíbel privatización de servizos públicos esenciais será moito máis difícilmente reversíbel mesmo se os electores elixen novas maiorías parlamentarias de esquerdas. A capacidade de actuación das administracións públicas reducirase e a garantía de pago aos acreedores (en boa medida bancos aos que os estados prestaron cartos ao 1% e que despóis prestaron cartos ao 5% a eses mesmos estados) será máis prioritaria que a sanidade, a educación, as infraestruturas ou as pensións. A xa escasa democracia -votar cada 4 anos tras ser bombardeados con propaganda e información sesgada, sendo difícil acceder a datos obxectivos- estréitase.

A suposta eficacia da medida para "tranquilizar" aos "mercados" (sector financieiro e grandes inversores, ou multimillonarios por dicilo abertamente) demostrouse este luns: a bolsa española afundiu e a prima de risco da débeda disparouse, así que nin tan sequera permitiu gañar tempo.

Novo goberno europeo: sen eleccións. Pódeselle chamar ditadura?

O que está a acontecer non só no estado español senón en toda Europa é prácticamente un golpe de estado: estase a formar un goberno europeo de facto, formado por unha rede de institucións opacas, que non se escollen en eleccións senón de xeito indirecto: a comisión europea, o consello, o mal chamado banco central europeo (en realidade un lobby da banca e das grandes fortunas europeas e de parte das non europeas).

Polo que estamos a ver, preténdese que a cidadanía da UE aceptemos que en último termo imos ser gobernados por unha serie de representantes dos chamados "mercados" ou "inversores", que tamén se poden definir coma rendistas ou sinxelamente multimillonarios, que semella que pretenden xogar o papel de casta gobernante.

Ligazóns

Discurso do parlamentario do BNG Francisco Jorquera, no que tamén destaca o penoso comportamento dos representantes dos grupos maioritarios, facendo ruído coma se non lles abondase con todos os demáis esforzos que fan para silenciar á oposición.

http://www.youtube.com/watch?v=SMYwX-nD-MU

Declaracións de Jorquera.

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/cidadedeacorunha/contidos/novas/portada/nova_0311.html?uri=/BNG/cidadedeacorunha/seccions/portada/index

Texto da reforma

http://www.senado.es/legis9/publicaciones/pdf/senado/bocg/BOCG_D_09_105_654.PDF

A maiores, recomendamos botar unha ollada ao textor ao respecto en Terra e Tempo e no blogue do catedrático Vicenç Navarro.

Nenhum comentário:

Postar um comentário