O BNG da Coruña denuncia que o luns 12 de setembro o grupo municipal do PP ten intención de aprobar una modificación do Plan Parcial de Eirís para permitir a construción de oito edificios de ata 30 metros de altura, empregando o subterfuxio de non contabilizar coma parte da altura uns zócalos sobre os que se apoiarían.
Sen que por agora se coñeza nengunha proposta medianamente seria para crear emprego, mellorar os servizos públicos ou aportar algún beneficio á cidade, Negreira semella ter por prioridade aumentar os xa importantes beneficios dos propietarios dos terreos afectados a costa de causar un dano paisaxístico importante a Eirís e ao conxunto da cidade.
Modificar un plan de ordenación só para aumentar a densidade urbana ten ademais outras consecuencias: permite que a poboación residente nunha área aumente. Isto crea problemas de tránsito e estacionamento ao haber máis coches para a mesma superficie, e incrementa a demanda de servizos públicos (garderías, colexios, centros de día e de saúde, bibliotecas e centros sociais, etc.) precisamente nunha época en que as administracións en mans do PP están a reducir e empeorar a calidade deses servizos, ao mesmo tempo que os transfiren a mans privadas (ver o artigo sobre a privatización e redución de prazas dos centros de día).
Enlace ás denuncias do BNG local:

Nenhum comentário:
Postar um comentário