A Cofraría de de Mariscadores a Pé da Coruña está a levar a cabo unha campaña de mobilizacións para presionar á Xunta. As súas reclamacións son xa antigas e contan cun grande apoio cidadán: esixen o saneamento e dragado da Ría do Burgo, o control do furtivismo e que se lles paguen as mensualidades atrasadas das compensacións que a Xunta lles debe.
Ademáis, denuncian o xeito en que o goberno galego do PP pretende manipular a interpretación dos informes técnicos sobre a contaminación. En pleno peche polos verquidos de queroseno e gasoil, pretende empregar datos de toxinas máis habituais para 'descontalo' do tempo de prohibición de recollida debido á contaminación por hidrocarburos. É dicir: se durante varios meses pechan a ría polo queroseno e nese tempo hai semanas en que hai niveis de toxinas altos, pretende facer crer que a contaminación por queroseno durou menos.
Despóis dunha suspensión provisional das protestas, en sinal de boa vontade antes de se entrevistar coa Conselleira do Mar (Rosa Quintana), a ausencia de respostas concretas levounos a continuar coas mobilizacións previstas, todas coas correspondentes autorizacións do goberno civil. Tras a manifestación en María Pita do venres 20 e a ocupación dun carril da Ponte da Pasaxe o luns 23 de 8:00 a 9:00, os seguintes actos serán o venres 27 de 11:00 a 12:00 diante da Delegación do Goberno na Coruña e o luns 30 de 8:00 a 9:00 na Ponte da Pasaxe, téndose solicitado a ocupación dun carril.
As demandas
As tres cuestións principais están en parte relacionadas: a Xunta non cumpre a súa obriga de sanear a Ría do Burgo, impedindo dunha vez os verquidos e realizando un dragado que retire lodos e contaminantes acumulados durante décadas. Isto leva a ter que compensar económicamente aos mariscadores polas xornadas que se lles impide traballar, polas zonas pechadas ao marisqueo, pola baixada de calidade e cantidade nas capturas e polos novos límites a estas. A única solución que se lles deu ata agora é a depuración nunha batea de descontaminación en Ferrol, que carece da capacidade precisa e que só lles permite traballar 5 ou 6 días ao mes. Ademáis, esas medidas non son máis que parches que non solucionan o problema real, que é a degradación medioambiental das rías galegas. Máis que protexer o noso medio e facelo viábel a longo prazo, semella que pretenden calar ou reducir as protestas dun dos colectivos que máis levan loitado por defender a nosa costa. Tanto os traballadores do mar como ADEGA reclaman a fin dos verquidos e a limpeza de lodos. Neste vídeo pódese ver que a situación arrástrase dende fai tempo:
As capturas redúcense inda máis polo furtivismo, que non se está a controlar nin a prever eficazmente. O seu principal foco está no poboado chabolista da Pasaxe, que habería que desmantelar de xeito semellante a como se fixo con Penamoa. Por razóns humanitarias pero tamén de prevención da delincuencia e mesmo de seguridade alimentaria, posto que os furtivos non cumpren con nengunha das regulacións (peche de zonas, depuración, etc.) que pretenden protexer a saúde da poboación: non hai que esquecer que os moluscos extraídos ilegalmente de zonas contaminadas (bacterias infecciosas, toxinas, metais pesados e en xeral esa caste de cousas que de cando en vez provocan algunha desgraza) rematan sendo vendidos e consumidos.
A día de hoxe a Xunta non está a pagar as compensacións que debe por non cumprir coas súas obrigas. Só aos mariscadores -80 persoas que pretenden vivir da súa profesión, ameazada porque as administracións están a permitir a destrución do noso medio natural- débelles 140.000 euros. A débeda coa cofraría en sí é moito meirande. O PP semella non ter interese en preservar e potenciar un sector con capacidade de xerar emprego se a Xunta cupre coa súa obriga de protexer o medio ambiente. Talvez o problema é que non se trata dunha actividade que resulte fácil depositar nunhas poucas mans afíns, e ese semella ser a principal inquedanza dun goberno que non ten feito nada para potenciar o emprego, alomenos aquí. No Perú inda deben a estar a lle agradecer a Feijóo que trasladase alí, previa privatización sen concurso e sen aforrar absolutamente nada, o servizo galego de urxencias. Claro está que eses postos de traballo son un lastre no proxecto do PP para controlar o paro: facer que a xente en idade de traballar perda toda esperanza e emigre.

![]() |
| Acto na Pasaxe |