![]() |
| O grande debate entre os candidatos de dous partidos que no parlamento do estado case sempre votan o mesmo ou abstéñense, inda que tentan aparentar que son moi diferentes |
No falso debate entre Rubalcaba e Rajoi quedaron ámbolos dous ao descuberto. O debate foi falso porque no Estado español existen moitas máis forzas que as que estaban nesta pantomima, aínda que está claro que PP e PSOE están sempre de acordo cando se trata de afondar aínda máis no bipartidismo, ou no partido único PPOE, pois as súas políticas económicas serven ao mesmo amo.
A escenografía delátaos, preséntanse exactamente igual e, tamén nesta cuestión, cada vez é máis complicado ver en que se diferencian. QUEREMOS MENTIRAS NOVAS, dicía unha pintada nunha parede de Porto antes dunhas eleccións en Portugal, iso é todo o que Rubalcaba e Rajoy nos poden ofrecer: MENTIRAS NOVAS.
Os que teñamos un pouco de memoria aínda podemos lembrar a Rajoy diante de medios de comunicación de todo o mundo, nunha rolda de prensa cando o Prestige andaba de romaría polo Atlántico (grazas ao bo facer de Alvarez Cascos) entón preguntáronlle cara onde iría a mancha de chapapote e a súa resposta foi: “se o vento ven do norte a mancha irá cara o sur, se o vento ven do sur a mancha irá cara o norte”. Fai falla ter cara!
Temos que ter claro que HAI ALTERNATIVA. Votar BNG é votar por unha alternativa galega e de esquerdas, por unha alternativa que defende a maioría social e non ao capital e as grandes empresas.


Nenhum comentário:
Postar um comentário